Que é a morriña? Que é a morriña? A morriña é o berro dun neno, dunha nena. É o mal da terra, a saudade, botar de menos aquilo que amas tanto, lembrarme de ti noite e día. A morriña é unha música, unha cantiga que chega ao teu corazón. Morriña é unha paisaxe, unha data, un monte, unha praia, o arrecendo a mar e a herba mollada. Morriña é botar de menos a tua familia, lonxe do teu lar, en datas sinaladas. Morriña é un recordo, unha foto antiga. Morriña é unha poesía de Rosalía recitada: Campana da miña aldea, cando vos oio tocar, entrame a morriña, póñome a chorar. Morriña é lembrarme de ti todo o día, de noite e pola mañá. A morriña é todo o que está lonxe e que desexas. Para resumir, a morriña es ti. Eduardo Cuña Paz Galicia no corazón sempre.