
Adiós ríos, adiós fontes
[solo marimba] [verse1] Adiós ríos, adiós fontes adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cándo nos veremos. [chorus] Miña terra, miña terra, terra donde m’eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei. Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña d’o meu contento. [verse2] Muiño dos castañares, noites craras do luar, campaniñas timbradoiras da igrexiña do lugar. Amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adiós para sempre adiós! [solo marimba] [chorus] ¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso, por un mundo que non vin! Deixo amigos por extraños, deixo a veiga polo mar; deixo, en fin, canto ben quero… ¡quén puidera non deixar! [verse2] Adiós, adiós, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou. [verse3] Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. [chorus] ¡Adiós tamén, queridiña… Adiós por sempre quizáis!… Dígoche este adiós chorando desde a beiriña do mar. [chorus] Non me olvides, queridiña, si morro de soidás… tantas légoas mar adentro… ¡Miña casiña!, ¡meu lar!

